Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Sábado 23 Setembro 2017

O Miradoiro de Cotorredondo

O miradondo de Cotorredondo está situado na cima do monte do mesmo nome a unha altitude de 550 m. nas proximidades do parque do lago de Castiñeiras. A construcción data dos anos sesenta e foi realizada polo antigo ICONA. Despois de que a titularidade dos montes públicos pasasen ás comunidades de montes parroquias, esta construcción ven sendo xestionada en propiedade pola Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres.

Chégase dende as estradas locais que comunican o parque cos concellos de Marín, Vilaboa, Moaña e Pontevedra. Accesibilidade ás inmediacións: andando, coche, autobús. Accesiblidade ao recurso: só andando. 

Na actualidade desenvólvense nesta instalación labouras de vixianza e prevención de lumes forestais por parte da Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia. Nos meses en que se desenvolve esta actividade o miradoiro está aberto ao público en xeral, onde se poden contemplar  a Illa San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Rodeando ao miradoiro, chamado tamén "Miradoiro de tres Rías, hai abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e loureiros. A fauna é variada: cervos, gamos, corzos, parrulos e outras especies de aves.

Fóra dos meses (normalmente entre xullo e setembro) nas que a instalación está aberta a cargo dos vixiantes forestais, pódese solicitar á apertura do miradoiro para visitas en grupo presentando á Xunta Rectora da Comunidade de Montes a correspondente instancia.

DOCUMENTOS

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top