Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Xoves 14 Decembro 2017

Artigos

Rematados os traballos de poda e desbroce en 9 hectáreas do monte comunal de Santa Cristina de Cobres

Nesta semana viñeron de rematar os traballos silvícolas consistentes na poda de masa forestal, principalmente piñeiros e o desbroce das parcelas que ven realizando a Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres dende a primavera. Esta actuación levouse a cabo nunha superficie de máis de 9 hectáreas do monte situado na parte alta da parroquia, nos lugares da Chan de Castiñeiras e o monte das Barreiras.

 

Tamén se fixo unha actuación de eliminación de brotes de eucaliptos  nas parcelas onde se plantaron carballos americanos e castiñeiros. Esta primeira fase de actuación no monte comunal para facilitar o crecemento das plantas e minimizar o impacto dun posible lume forestal foi iniciada pola anterior Xunta Rectora presidida por Javier Araujo.

Ademáis destas actuacións no monte alto, tamén se levaron a cabo desbroces de parcelas próximas ás vivendas no barrio da Carballeira en cumprimento da lei de prevención de incendios. Tamén se desbrozou a pista que rodea o Monte do Cabalo, a cal é utilizada por moitos veciños para pasear.

A Xunta Rectora agarda agora a decisión de Medio Rural  sobre as subvencións solicitadas para realizar unha segunda fase de poda e rareo de masa de piñeiros e o desbroce de viais forestais, que permitiría ter o monte comunal destinado á producción de madeira ordeado e saneado, minimizando a incidencia dos sempre temidos lumes forestais.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top