Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Xoves 14 Decembro 2017

Artigos

A CMVMC de Santa Cristina de Cobres acondiciona máis de 6 kms de viais forestais da parroquia

Hoxe remataron despois de dúas semanas de traballos, o acondicionamento de dúas pistas forestais na parroquia de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa no que a Comunidade de montes investiu arredor dos cinco mil euros. Trátanse dos viais forestais que unen os lugares de Vilar e Paradellas coa parte alta do monte comunal nas proximidades da lagoa de Castiñeiras, cunha lonxitude total arredor dos 6 kms.

 

A actuación consistiu no aporte de áridos aos tramos que presentaban un deterioro importante e que imposibilitaban o acceso dos vecinos ás súas propiedades forestais e ao monte comunal. O aporte de material superou os mil metros cúbicos, ademáis de proceder ao arranxo das cunetas para evitar que durante as choivas os torrentes de auga non volvan a arrastrar a capa superficial dos viais.

Con esta actuación a Xunta Rectora de Comunidade dá cumprimento a un dos puntos acordados na asamblea xeral celebrada no mes de maio e no que se solicitara unha actuación de urxencia nestes viais ante o deterioro que presentaban. A Xunta Rectora agarda que con esta actuación levada a cabo e os traballos de limpeza das cunetas dos viais antes de cada inverno que se van a facer periódicamente, se garantice uns viais cunhas condicións mínimas de tránsito para varios anos.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top