Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Sábado 23 Setembro 2017

Artigos

Presentado o Plan Director do futuro xardín botánico e arboreto do lago de Castiñeiras-Cotorredondo

O acto levouse a cabo en Castiñeiras este xoves 19 de marzo e previamente realizaouse unha prantación de freixos na que participaron alunos do colexio público do Toural.

INTRODUCCIÓN

"En Cotorredondo empezó la reforestación de España, entendida como un plan general que hoy calificaríamos de racional, equilibrado y sostenible", con estas palaras define López Torre no seu libro La reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad, 1927-1958 o proxecto que mirou nacer as primeiras sementes de piñeiro do gran proxecto reforestador iniciado en Cotorredondo por Daniel de la Sota e Rafael Areses. Foron moitos os que continuaron aquel faraónico proxecto co que se pretendía reforestar os despoboados montes da provincia.

Na actualidade Cotorredondo alberga un amplio elenco de especies forestais dos máis lonxanos confíns do mundo. A maior parte destas plantas chegaron desde o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e do Viveiro Central de Areas, Tui e serviron para testar o crecemento destas especies nos montes galegos. Hoxe moitas destas árbores transformáronse en exemplares únicos na xeografía galaica e fan do conxunto un lugar de obrigada visita para os turistas que se achegan a Pontevedra e as praias das Rías Baixas, así como unha referencia única para as persoas que coñecen este emblemático enclave.

A creación do Xardín Botánico do Lago de Castiñeiras ten coma finalidade a creación dun espazo de encontro para toda a sociedade, onde os máis cativos aprendan a querer o entorno, descubrindo o marabilloso mundo vexetal así como o seu coidado. Un lugar aberto a todas/os onde se realizarán numerosos talleres e cursos que nos acheguen aínda máis o coñecemento do noso entorno. Na actualidade existe o convencemento de que a diversidade biolóxica é un ben de global importancia e valor para as xeracións presentes e futuras. Sen embargo tamén é na actualidade cando as amenazas sobre as especies e os ecosistemas son máis impactantes.

“Para amar algo, hai que coñecelo; para coñecelo, debe ser mostrado”. Os xardíns botánicos, nos últimos tempos, convertéronse en importantes lugares de conservación e divulgación da biodiversidade. Son institucións con grandes coleccións de planta viva que supoñen ferramentas únicas para o estudio do medio natural e a súa protección. A creación de distintos ecosistemas, ordenados mediante criterios científicos, divulgativos e educativos contribuirá a conservación da biodiversidade así coma a súa posta en valor.

OBXECTIVOS

O obxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo é o de establecer un programa de accións que permitan poñer en valor o conxunto do Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, mediante a creación dunha colección de plantas vivas, definindo un sistema de xestión-explotación sostible do Xardín e desenvolvemento de diferentes actividades medioambientais, de ocio e socioculturais cos seguintes obxetivos:

MEDIOAMBIENTAIS

1. Creación dun espacio verde de elevado valor medioambiental e humano, mediante a implantación de un Arboreto e un Xardín Botánico nos que se representarán os distintos biomas baixo criterios divulgativos, turísticos e culturais. Un espacio verde formado por unha colección de plantas autóctonas de Galicia e de todo o mundo.
2. Elaboración de unha ferramenta de alfabetización ambiental, promovendo a educación da cidadanía mediante o desenvolvemento de programas de participación e investigación, organización de cursos e talleres, publicacións pedagóxicas, visitas guiadas e deseño de xardíns de exhibición e conservación. Recibir aos visitantes nun entorno didáctico para que poidan participar na xestión sostible do terreno, facendo do Xardín Botánico un punto de concienciación ambiental.
3. Restauración de hábitats naturais e conservación biolóxica (Rede Natura 2000. Directiva 92/43/CEE).
4. Fomento do “emprego verde”
5. Formación en agroecoloxía, xardinería, traballos forestais, botánica, e ciencias afíns.
6. Restauración dos valores naturais e culturais da poboación (Etnobotánica).

DIDÁCTICOS E DE DIVULGACIÓN

1. Creación de un Xardín Botánico aberto ao público, no que se disfrutará de un paseo didáctico observando as especies propias do noso entorno e unha representación ordenada de ecosistemas e plantas de todo o mundo.
2. Colocación de placas identificativas que ilustrarán as especies plantadas e os ecosistemas representados.
3. Instalación de paneis explicativos dos valores paisaxísticos e medioambientais do entorno.
4. Recurso educativo de primeira orde para a comunidade escolar, e os cidadáns en xeral.
5. Relización de actividades e talleres (poda, micoloxía, ornitoloxía, cestería, etc.)
6. Promover no visitante unha sensibilidade, consciencia, entendemento, entusiasmo e compromiso a través da recuperación da conexión coa natureza.
7. Fortalecer o vínculo da educación non formal coa educación formal complementando e reforzando os contidos curriculares (Proxectos educativos).
8. Construir coñecementos, inducir actitudes e hábitos, impulsar prácticas para a conservación de plantas e animais.

SOCIAIS E ECONÓMICOS

1. Mellorar a calidade de vida dos habitantes coa creación de un Xardín Botánico nunha zona de alto interese paisaxístico e natural.
2. Contribuir o desenvolvemento rural sostible a través da creación de postos de traballo e da diversificación das actividades locais.
3. Asesoramento técnico en horticultura, xardinería, educación ambiental, recursos forestais, etc…
4. Produción e venta de plantas autóctonas e ornamentais.

TURÍSTICOS E CULTURAIS

Facilitando, ou poñendo o servizo da sociedade oportunidades e espazos de creación e recreación mediante actividades que fomenten a cultura e as artes relacionadas co medio natural.

O Morrazo con 89.695 habitantes está situado entre as cidades de Pontevedra (82.400 habitantes) e Vigo (297.241 habitantes) e conta con unha actividade turística moi importante e con unha sociedade que cada vez demanda máis espazos e eventos culturais, educativos e de esparcemento. O Xardín Botánico ofrece unha boa oportunidade para realizar actividades en contacto coa natureza, mediante os programas e proxetos que se desenvolverán nas súas instalacións a través de dous tipos de acións principais:

1. Exercendo como anfitrións para a celebración de eventos culturais organizados por terceiros:
* Concertos ao aire libre.
* Exhibicións temporais ou permanentes de diferentes temáticas.
2. Exercendo como organizadores e ofrecendo eventos e actividades asociadas ao coñecemento, disfrute, uso e conservación da natureza:
* Exhibicións permanentes ou temporais de colecións de platas. Cun centro permanente de atención os visitantes con áreas de exhibición, educación, servizos e venta.
* Exhibición permanente de insectos (insectario).

En definitiva mellorar a oferta turística do entorno, incrementando os rendementos económicos dos negocios existentes nos Concellos de Marín e Vilaboa, bares, restaurantes, aloxamentos, etc…

A idea de de implantar no Lago de Castiñeiras e Cotorredondo unha colección botánica xurde pola gran riqueza florística presente no entorno. A diversidade de ecosistemas naturais presentes na zona unida as árbores forestais e ornamentais plantadas na área en diversas épocas fan que neste enclave se atope unha das grandes coleccións galegas de árbores exóticas localmente aclimatadas. A diferencia do Arboreto, o Xardín botánico vai a representar nas súas coleccións ecosistemas completos, isto é, nelas van a ser amosados tódolos elementos presentes en cada formación no seu lugar de orixe, incluíndo, se os hubera, os estratos arbóreo (superior, medio e inferior), arbustivo e herbáceo, ademáis de lianas e epífitas.

XARDÍN BOTÁNICO

En liñas xerais un xardín botánico implica unha colección de plantas vivas ordenadas con criterios científicos baixo sistemas adecuados de cultivo, e individualmente clasificadas e rexistradas; o devandito xardín ha de cumprir ineludiblemente funcións de investigación e ser accesible ao público. De forma habitual, a investigación botánica compleméntase coa función estritamente conservacionistas e paisaxistas, e coa transmisión e divulgación deses coñecementos mediante programas educativos. (Xardíns Botánicos; Botánica; Izco, 1998).

Características que definen un xardín botánico.Cabe destacar que esta lista é unha boa aproximación as características que debe reunir un xardín botánico, pero non recolle todas senón unha mostra significativa.

* Plantas axeitadamente etiquetadas.
* Unha base cientificamente fundamentada para as coleccións
* Unha comunicación de información con outros xardíns, institucións, organizacións e o público en xeral.
* Un intercambio de sementes ou outros materiais con outros xardíns botánicos, arboreta ou estacións de investigación (baixo as pautas de convencións internacionais, leis nacionais e regulacións da alfándega).
* Responsabilidade e un compromiso a longo prazo para o mantemento de as coleccións de plantas.
* Ter programas de investigación en taxonomía de plantas en herbarios asociados.
* Manter unha monitorización das plantas na colección.
* Estar aberto ao público.
* Promover a conservación a través de actividades de educación ambiental.
* Unha documentación apropiada das coleccións, incluíndo a orixe silvestre.
* Levar a cabo investigación científicas ou técnicas sobre as plantas nas coleccións. (UICN – BGCS e WWF 1989)

ARBORETO

O Arboretum “Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo” representará, en Galicia, unha das reservas forestais artificiais con maior diversidade de especies importadas e aclimatadas localmente. Esta parcela con unha superficie de 74,24 ha atópase dividida en distintos sectores que albergan especies según a súa procedencia xeográfica ou segundo o grupo vexetal ao que pertenzan.

Trátase de un conxunto de plantas non só cultivadas pola súa beleza ou valor estrutural, senón que tamén son importantes por:
* O seu valor na educación e na interpretación.
* Polo seu valor taxonómico, en conservación, investigación hortícola ou etnobotánica.
* Conservación de plantas ex-situ.

A Fundación Lago Castiñeiras Cotorredondo é unha iniciativa das comunidades de montes de Santa Cristina de Cobres, Santomé de Piñeiro, San Martiño de Vilaboa e San Xulián de Marín.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top